A programación de actividades decídese nunha Asamblea na que participan as Asociacións Veciñais do rural e periferia federadas combinanco servizos comunitarios con actividades de dinamización da convivencia.Entre as actividades consolidadas destacan as seguintes:
ANDAINA VECIÑAL
Na primaveira organizamos unha xornada de lecer saudable fomentando a convivencia entre Asociacións Veciñais mediante unha Andaina que percorre as beiras do Rio Miño pondo en valor os recursos termais e paisaxísticos.
CAMPAÑAS DE SENSIBILIZACIÓN
Durante todo o ano, gracias ao acordo entre entidades sociais coa Agrupación Miño achegamos aos locais sociais das AAVV integradas temáticas do seu interese. Algunha das iniciativas foron:
- «MIÑO DI NON A VIOLENCIA MACHISTA». Apostamos de xeito decidido pola eliminación de calquera forma de violencia contra as mulleres sensibizando nas Asociacións Veciñais sobre como actuar ante o mínimo sintoma de machismo.
- «DIABÉTES DE PRETO». En colaboración coa Asociación Diabética Auria achegouse información especializada sobre a diabétes e hábitos de vida saudable.
- CONVIVENCIA CON MASCOTAS. En colaboración coa Asociación de Propietarios de Mascotas apostouse pola concienciación e sensibilización para a convivencia coas mascotas en especial nas zonas verdes e espazos públicos.
VIAXE CULTURAL
Apostamos por fomentar a convivencia entre distintas Asociacións Veciñais organizando unha viaxe a un destino de especial valor cultural, patrimonial, medioambiental.
PALILLEIRAS DO MIÑO
Organizamos unha xornada de convivencia de Asociacións Veciñais para compartir afección e experiencias entorno ao Encaixe de Bolillos.
OBRADOIROS PARTICIPATIVOS
Durante todo o ano desenvolvense no local social diversos obradoiros participativos sobre temas propostos polas AAVV na Asamblea entre os que destacaron os de Poda, Enxerte, Contabilidade aplicadas as Entidades sen ánimo de lucro, Conservas de productos de temporada, Arte Floral xerando un espazo de convivencia entre distintos barrios e pobos do Concello.
ASAMBLEAS INFORMATIVAS
A raíz das propostas das Asociacións Veciñais integradas realizamos diversas Asambleas Abertas na que persoas especializadas abordaron temáticas de interese. Entre os últimos temas tratados destacan:
- PXOM: delimitación dos núcleos rurais no PXOM e a situación na que quedan as vivendas fora de ordenación.
- CERTIFICADO DIXITAL. Uso do Certificado Dixital e as Sedes Electrónicas das distintas Administracións Públicas.
- FISCALIDADE. Obrigas das entidades en ánimo de lucro coa Agencia Tributaria.
- COMPOSTAXE. En colaboración con SOGAMA, formación sobre a compostaxe domestica formación e repartíronse compostadores
CONVIVENCIA VECIÑAL
Organizamos no Campo da Feira unha xornada festiva de convivencia entre distintas Asociacións Veciñais do rural e periferia compartindo un xantar de confraternización.
Relacion de actividades realizadas no ano 2018
A programación de actividades conta co financiamento de: