Estatutos

VISTA a solicitude para a inscrición da AGRUPACIÓN DE ASOCIACIÓNS DE VECIÑOS DO RURAL E PERIFERIA DO CONCELLO DE OURENSE MIÑO, con domicilio social en RÚA DA AIRIÑA N° 1, OURENSE (Ourense), no Rexistro Provincial de Asociacións desta Comunidade Autónoma

RESULTA dos seus estatutos que os seus fins, entre outros, son:

a.- coordina-las actividades das asociacións integradas para conseguir a unidade de acción para unha mellor consecución dos obxectivos propostos.

b.- o estudo e resolución no eido da súa competencia, dos problemas inherentes da vida cidada e o seu traslado ás autoridades competentes

c.- a defensa dos intereses de tódalas asociacións federadas, dentro do marco das súas respectivas competencias e diante das instancias públicas competentes, etc.

VISTOS: A Constitución Española, a Lei Orgánica 1/2002, do 22 de marzo, Reguladora do Dereito de Asociación, a Lei 30/1992, do 26 de novembro de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e Procedemento Administrativo Común e a normativa sobre traspaso e asignación de competencias.

CONSIDERANDO: Que esta Asociación atópase incluida no ámbito de aplicación da citada Lei de Asociacións e que nos seus estatutos e demais documentación presentada non se aprecia que concurran os supostos previstos cos números 2 e 5 do art. 22 da Constitución sobre fins, medios ou asociacións ilegais.

CONSIDERANDO: Que este Departamento Territorial é competente para resolver en orde a procedencia da inscrición solicitada, en virtude do previsto no Decreto 336/1996, do 13 de setembro (DOG do 13.09.97), sobre asunción  do traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de asociacións, e no Decreto 276/1997, do 25 de setembro (DOG do 08.10.97), polo que se crea o Rexistro Central de Asociacións con ámbito de actuación autonomico.

ESTE DEPARTAMENTO TERRITORIAL

RESOLVE: Visalos Estatutos da AGRUPACIÓN DE ASOCIACIÓNS DE VECIÑOS DO RURAL E PERIFERIA DO CONCELLO DE OURENSE MIÑO, e dispoñe-la súa inscrición provisional para os efectos de publicidade previstos no art. 22 da Constitución, correspondéndolle Ao número 2010/000209­-2 (OU) neste Rexistro Provincial de Asociacións.

Esta inscrición provisional converterase en definitiva se no prazo de 3 meses, a contar desde a recepción desta resolución, non se Ile notificase ao interesado a incompatibilidade por idéntica denominación xa inscrita no Rexistro Nacional de Asociacións do Ministerio do Interior

Contra a presente resolución, que non esgota a vía administrativa, poderá interporse recurso de alzada ante o sr. conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza no prazo dun mes dacordo co disposto nos arts. 114 a 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

 

 TÍTULO PRELIMINAR
Artigo 1º – Denominación

Artigo 2º – Réxime aplicable

Artigo 3º – Personalidade xurídica

Artigo 4º – Fins da agrupación

Artigo 5º – Domicilio social

Artigo 6º – Ámbito territorial

Artigo 7º – Duración da agrupación

 TÍTULO I: DOS SOCIOS


CAPÍTULO I: DAS ALTAS E BAIXAS

Artigo 8º – Composición

A Agrupación estará composta por cantas Asociacións de Veciños legalmente constituídas, con domicilio social e ámbito de actuación no rural ou periferia do municipio de Ourense e rexistradas no Rexistro Municipal de Asociacións soliciten a súa inscrición. e sexan admitidas pola asemblea xeral.por maioria cualificada devotos.

Artigo 9º – Altas

1. Para poder ser membro da Agrupación, ademais de cumprir os requisitos do artigo anterior, deberá de solicitar por escrito a súa integración, acompañada dos seguintes documentos:

  1. Certificación expedida polo secretario da asociación interesada na que conste o acordo de integración na agrupación adoptado polo órgano competente da mesma.
  2. Certificación expedida polo secretario da asociación interesada, na que conste o acordo de nomeamento do representante que formará parte da Asamblea Xeral da Agrupación adoptado pola xunta directiva da mesma.
  3. Copia dos estatutos na que conste o número de inscrición no rexistro autonómico e municipal.
  4. Certificación expedida polo secretario do número de socios o corrente de pago a 31 de decembro do ano anterior ao que se solicite a entrada nesta Agrupación.

2. A alta será recoñecida por acordo da Asemblea Xeral, obtendo a nova asociación federada desde ese momento, todos os dereitos e obrigas que os demáis socios.

Artigo 10º – Baixas
Para darse de baixa na Agrupación será necesario unha solicitude por escrito asinada polo representante da asociación interesada, acompañado dunha certificación do secretario da mesma no que se faga constar o acordo de exclusión da Federación adoptado polo seu órgano competente segundo os estatutos da mesma.

A baixa concederase por acordo da Asemblea Xeral, sen perxuízo de esixir as responsabilidades polas cotas adebedadas ou aquelas contempladas nos presentes Estatutos.

Artigo 11º – Expulsión

1. As asociacións integradas poderán ser expulsadas polos procedementos Estatutos e sempre por unha das seguintes causas:

  1. Impago da cota establecida.
  2. Non asistencia a tres sesións da Asemblea Xeral durante un ano.
  3. Deslealtade manifesta coa Agrupación.
  4. Incumprimento de calquera outra obriga prevista nestes Estatutos.

2. No suposto a), a expulsión realizarase de forma automática por resolución da Xunta de Goberno, unha vez rematado o primeiro trimestre do ano. Antes de proceder á expulsión por impago da cota anual, deberase solicitar fehacientemente o pago da mesma indicándose no comunicado que se non se procede o pago, no prazo sinalado a tal efecto, darase por expulsada. Contra a presente resolución de expulsión caberá recurso ante a Asemblea Xeral.

3. No suposto b), a expulsión realizarase de forma automática unha vez rematado o ano, por resolución da Xunta de Goberno. A asociación afectada poderá interpor recurso perante a Asemblea Xeral.

4- Nos supostos c) e d), a expulsión soamente poderá levarse a cabo por acordo da Asemblea Xeral, por maioaría cualificada de votos; previa instrucción dun expediente de explusión pola Xunta de Goberno, no cal se dará audiencia ao representante da asociación interesada. O expediente finalizará cunha proposta de resolución que se elevará á Asemblea Xeral no prazo dun mes desde a incoacción do mesmo.

5. A Asemblea Xeral deberá dar audiencia ao representante da asociación interesada antes de proceder á votación do acordo de expulsión, nesta votación a asociación interesada non terá dereito a voto, e tampouco computará para a obtención da maioría absoluta dos seus membros.

6- Un regulamento interno regulará detalladamente o procedemento de expulsión.

CAPÍTULO II: DOS DEREITOS E OBRIGAS

Artigo 12º – Dereitos

Son dereitos das Asociacións integradas:

  1. O respecto da súa autonomía
  2. Participación no debate e na votación das reunións da Asemblea Xeral, salvo que este propio Estatuto sinale o contrario.
  3. Solicitar e recibir toda a información dos órganos de goberno por escrito e no prazo máias curto de tempo.
  4. Solicitar e recibir copias das actas das reunións da Asemblea Xeral e Xunta de Goberno e de calquera outro documento.
  5. A participación na dirección de goberno da Agrupación de conformidade cos presentes Estatutos.
  6. Elevar á Agrupación as informacións e propostas relacionadas cos fins específicos da Agrupación.
  7. Recabar da Agrupación as actuacións tendentes ao cumprimento dos fins específicos daquela e das Asociacións integradas, dentro do marco das súas competencias.
  8. Utiliza-los servizos da Agrupación e tomar parte nas actividades que esta organice, coopere, auspicie, participe, fomente…
  9. Ser informado das actividades da Agrupación e dos acordos tomados polos seus órganos de goberno.
  10. Impugnar os acordos dos órganos da Agrupación que estimen contrarios á lei ou aos presentes Estatutos.
  11. Todos aqueles outros dereitos que se recoñezan nos presentes Estatutos, así como do resto da normativa vixente.
Artigo 13º – Obrigas

Son obrigas de tódalas Asociacións integradas:

  1. Contribuir ao sostemento económico da Agrupación mediante as cantidades que se estiuplen como cota pola Asemblea Xeral.
  2. Acudir ás reunións legalmente convocadas da Asemblea Xeral.
  3. Actuar con lealdade coa Agrupación.
  4. Non formar parte de ningunha outra federación ou coordinadora co mesmo ámbito que a Agrupación.
  5. Comunicar á Agrupación calquera cambio de representante da Asociación integrada.
  6. Cumpri-los acordos adoptados polos órganos de goberno da Agrupación.
  7. Comunicar á Federación a composición da Xunta Directiva da Asociación integrada.
  8. Calquera outras previstas nestes Estatudos ou nas leis vixentes.


CAPÍTULO I: DAS ALTAS E BAIXAS

Artigo 8º – Composición

Artigo 9º – Altas

Artigo 10º – Baixas

Artigo 11º – Expulsión

CAPÍTULO II: DOS DEREITOS E OBRIGAS

Artigo 12º – Dereitos

Artigo 13º – Obrigas

 TÍTULO II: ÓRGANOS DE GOBERNO

Artigo 14º – Órganos

A dirección, administración e representación da Federación serán exercidas pola Asemblea Xeral e a Xunta de Goberno.

CAPÍTULO I: ASEMBLEA XERAL


Artigo 15º – Definición

Asemblea Xeral é o órgano soberano da Agrupación e estará composto por un representante de cada sociación integrada.

Artigo 16º – Competencias

Son competencias da Asemblea Xeral, entre outras, as seguintes:

  1. Modificación dos presentes Estatudos.
  2. Disolución da Agrupación.
  3. Elección da Xunta de Goberno
  4. Adminisión dunha asociación.
  5. Expulsión dalgunha Asociación integrada nos supostos 3 e 4 do artigo 11.
  6. A aprobación, modificación e derogación dos regulamentos de desenrolo dos presentes Estatutos.
  7. A resolución dos recursos contra as decisións da Xunta de Goberno, cando así o indiquen os presentes Estatutos e a lexislación vixente.
  8. A interpretación última dos presentes Estatutos.
  9. Aprobación da xestión anual da Xunta de Goberno.
  10. Aprobación da integración da Agrupación en Confederacións de ámbito superior, así como nomeamento dos representantes na mesma.
  11. Compra, enaxenación ou o recoñecemento de calquera outro dereito real sobre os bens da Agrupación.
  12. Asunción de obrigas crediticias ou préstamos pola Agrupación.
  13. Aquelas competencias que a Axemblea Xeral arrogue ou aboque para si mesma do resto de Órganos da Agrupación.
  14. Aquelas outras competencias que se atribúan no presente Estatuto.
  15. Todas aquelas outras que non sexan atribuídas expresamente polos presentes Estatutos ou pola lexislación vixente a outros órganos da Agrupación.
Artigo 17º – Reunión da Asemblea Xeral

1. A Asemblea Xeral reunirase en sesións ordinarias ou extraordinarias que serán convocadas polo establecido nos presentes Estatutos.

2. A Asemblea Xeral será convocada cunha orde do día previamente comunicada aos representantes das Asociacións integradas a cal conterá como mínimo os seguintes puntos: Lectura e aprobación da acta da sesión anterior e rogos e preguntas.

3. A orde do día non poderá ser modificada a non ser que por decisión da propia Asemblea por maioría absoluta votos dos representantes presentes.

4. As reunións da Asemblea serán presididas pola Xunta de Goberno. Se a Xunta de Goberno non estivera presente na hora de convocatoria, fora unha convocatoria conforme os presentes Estatutos e existira cuorum suficiente, poderá celebrarse a sesión sendo presidida polo representante con máis idade e sendo secretario o representante de menor idade.

5. Por regulamento interno aprobado pola propia Asemblea Xeral regularanse aspectos das sesións como a orde de intervención, tempos de intervención, así como ampliar ou regular outros detalles da Asemblea Xeral.

Artigo 18º – Sesión ordinaria

1. A Asemblea Xeral deberá ser convocada en sesión ordinaria pola Xunta de Goberno o primeiro bimestre do ano.

2. Os temas a tratar na sesión ordinaria serán:

a. Debate e aprobación da memoria de xestión do ano anterior.

b. Debate e aprobación das contas do ano anterior.

c. Debate e aprobación do orzamento de ingresos e gastos para o ano seguinte.

d. Debate e aprobación do plan de actividades para o ano seguinte.

e. Debate e aprobación da cota a satisfacer polas asociacións federadas.

Artigo 19º – Sesión extraordinaria

1. A Asemblea Xeral poderase convocar en sesión extraordinaria pola Xunta de Goberno, por propia iniciativa ou previa solicitude ao menos o 25% dos representantes das Asociacións Federadas.

2. A convocatoria de sesión extraordinaria realizada previa solicitude do 25% dos representantes das Asociacións Federadas realizarase a través dunha petición por escrito onde, ademais das firmas necesarias, expresaranse o obxecto, causa, así como un orden do día.

3. Os temas polos que se poderán convocar sesión extraordinaria serán:

a. Modificación dos estatutos.

b. Disolución da agrupación.

c. Expulsión dunha Asociación integrada nos supostos 3 e 4 do artigo 11.

d. Asunción de obrigas crediticias ou préstamos.

e. Enaxenación de bens.

f. Integración da Agrupación noutras Confederacións de ámbito superior.

g. Resolución de recursos contra decisións da Xunta de Goberno.

h. Aprobación de data e censo electoral.

i. Elección da Xunta de Goberno.

j. Elección dos representantes nas Confederacións de ámbito superior.

k. Censura da Xunta de Goberno ou dalgún dos seus membros.

l. Aprobación dos regulamentos internos.

m. Calquera outro que considere oportuno a Xunta de Goberno ou os membros asinantes da solicitude de convocatoria de sesión extraordinaria.

Artigo 20º – Convocatoria de sesións

1. As convocatorias das sesións da Asemblea Xeral, serán realizadas pola Xunta de Goberno con 15 días de antelación, indicando lugar, hora e data de celebración. Xunto coa convocatoria remitirase a orde do día da sesión e a copia da acta da sesión anterior a aprobar.

2. A convocatoria da sesión extraordinaria da Asemblea Xeral a petición dun realizarase pola Xunta de Goberno no prazo de 15 días naturais dende a tódolos requisitos esixidos no artigo 19.2.

3. Se en dito prazo a Xunta de Goberno non procede a convocar a Asemblea Xeral, a sesión quedará automaticamente convocada ao cabo de 30 días naturais dende a presentación da solicitude na sede da Federación. Para ele habilítase aos asinantes da convocatoria para que, unha vez que transcorran os primeiros 15 días hábiles, notifiquen aos representantes das Asociacións integradas a convocatoria da reunión, xunto con unha copia do rexistro da solicitude.

Artigo 21º – Cuorum

1. Para alcanzar o cuorum necesario existirá unha primeira e unha segunda convocatoria, con diferenza entre ámbalas dúas de un prazo de 30 minutos.

2. Para que se considere validamente constituída a Asemblea Xeral en primeira convocatoria necesitarase que se atope presente máis do 50% dos representantes das Asociacións integradas; e en segunda convocatoria cando concorran máis do 30% dos representantes.

3. Se non se alcanzara a maioría oportuna nin en primeira nin en segunda convocatoria, o secretario da Xunta de Goberno ou o que realice as súas funcións, se non estivera presente, levantará acta da falla de cuorum e darase por desistida a convocatoria da Asemblea Xeral, sen que iso impida a que se poda volver a convocar de novo a Asemblea Xeral co mesmo orde do día a través do procedemento oportuno.

Artigo 22º – Procedemento de votacións

1. O Sistema de decisión será a través de emisión dos votos que se farán directamente polos representantes acreditados das Asociacións integradas.

2. O voto será persoal por parte dos representantes das Asociacións Federadas, podendo ser delegado o dereito a voz e voto noutro membro da Asociación á que represente a través de autorización asinada polo representante acreditado en ende conste á reunión para a que se delegue o voto. Dito documento presentarase á presidencia da Asemblea Xeral ao principio da sesión.

3. O voto emitirase a man alzada, distinguíndose entre votos a favor, en contra e abstención. Poderase

Artigo 23º – Toma de acordos

1. A Asemblea Xeral tomará os seus acordos, decisións e regulamentes por maioría simple de votos. Entenderase que se obtén maioría simple cando os votos favorables dos representantes presentes, superan os votos desfavorables, sen que se computen as abstencións.

2. Requerirase maioría cualificada de votos cando a decisión verse sobre a disolución da Agrupación, a modificación dos Estatutos, a expulsión dunha Asociación integrada cando a decisión compete en primeira instancia á Asemblea Xeral e demáis asuntos que prevexan esta maioría polos presentes estatutos. Entenderase por maioría cualificada de votos, cando os votos favorables superen a metade máis un dos respresentantes que conforman a Asemblea Xeral.

3. Requerirase maioría absoluta de votos, cando a decisión verse sobre s posibilidade de mofidicar a orde do día da Asemblea Xeral e demáis asuntos que prevexan esta maioría polos presentes estatutos. Entenderase por maioría absoluta de votos, cando os votos favorables superen a metade máis un dos representantes presentes.

Artigo 24º – Recurso

1- Os acordos adoptados pola Asemblea Xeral que velan en contra dos Estatutos ou infrinxan a normativa vixente poderán ser recorridas directamente á vía xudicial oportuna.

2- Non obstante do punto anterior a Asociación integrada que considere unha decisión da Asemblea é contraria aos presentes Estatutos ou á normativa vixente poderá interpor recurso potestativo de reposición perante a propia a Asemblea Xeral. Unha vez interposto dito recurso xudicial ata que se resolva dito recurso; quedando expedita a vía xudicial unha vez reolto o recurso.

O procedemento para debater o recurso potestativo de reposición regularase detalladamente por un regulamento interno da Asemblea Xeral.

Artigo 25º – Incompatibilidades

1.- Non poderán ser membros da Asemblea Xeral, as persoas que ocupen cargos públicos en calquera das administracións públicas, ben por designación ou a través de comicios.

2.- En todo o non establecido estatutariamente, rexerase polo disposto na Lei 53/1984, de 26 de decembro, sobre incompatibilidades do persoal o servicio das Administracións Públicas, como queda recollido na propia Lei Orgánica 1/2002 reguladora do Dereito de Asociación.

CAPÍTULO II: XUNTA DE GOBERNO


Sección Primeira: Dos aspectos xerais


Artigo 26º – Definición

A Xunta de Goberno é o órgano encargado da representación, administración e xestión ordinaria da Agrupación.

Artigo 27º – Composición

A Xunta de Goberno estará composta por 9 representantes elixidos pola Asemblea Xeral por un prazo de cetro anos desde a súa elección a través do sistema indicado nos presentes Estatutos.

Artigo 28º – Competencias

As competencias da Xunta de Goberno son as seguintes:

a. Representar á Agrupación perante todos aqueles órganos e Administtracións; salvo que exista representación específica pola Asamblea.

b. Convocar e fixar as sesións da Asemblea Xeral.

c. Executar e xestionar os acordos da Asemblea Xeral.

d. Administrar o patrimonio e fondos de Agrupación, salvo competencia da Asemblea Xeral.

e. Presidir á Asemblea Xeral.

f. Tramitar o expediente de expulsión dunha Asociación integrada.

g. Presentar as contas e a memoria de xestión do ano anterior perante a Asemblea Xeral.

h. Presentar o orzamento e o plan de actividades para o ano seguinte perante a Asemblea Xeral.

i. Presentar proxectos de regulamentos internos ante a Asemblea Xeral cando así o considere oportuno.

j. Presentar proxectos de modificación dos Estatutos ante a Asemblea Xeral cando así o considere oportuno.

k. Elixir os cargos da Xunta de Goberno ou acordar o seu cese.

l. Elixir aos presidentes das Comisións de Traballo e especificar ou acordar o seu cese.

m. Todas aquelas que lles delegue a Asemblea Xeral por acordo da mesma.

n. Todas as demáis que estableza especificamente destes Estatutos ou a lexislación vixente.

Artigo 29º – Sesións

1. As sesións da Xunta de Goberno poderán ser Ordinarias ou Extraordinarias.

2. As sesións ordinarias serán convocadas polo Presidente da Xunta de Goberno debendo celebrarse cada quince días, da que o Secretario levantará acta sendo asinada por tódolos membros da mesma.

3. As sesión extraordinarias serán convocadas polo Presidente da Xunta de Goberno a propia iniciativa ou a petición dun 30% dos membros da mesma, por calquera motivo de urxente necesidade.

Artigo 30º – Cuorum

1. Para que se considere validamente constituída a Xunta de Goberno necesitarase que se atope presente máis do 50% dos seus membros.

3. Se non se alcanzara a maioría necesaria, o secretario da Xunta de Goberno ou o que realice as súas funcións, se este non estivera presente, levantará acta da falla de cuorum e darase por desistida a convocatoria, sen que iso impida a que se poda volver a convocar de novo co mesmo orde do día a través do procedemento oportuno.

Artigo 31º -Toma de acordos

1. A Xunta de Goberno tomará os seus acordos, decisións e regulamentos por Maloría simple de Mos. Entenderase que se obtén maioría simple cando os votos favorables dos representantes presentes, superan os votos desfavorables, sen que se computen as abstencións.

2. Requirirase maloría cualificada de votos cando a decisión verse sobre a apertura de expedientes de expulsión, tanto dunha asociación federada coma dun membro da propia Xunta de Goberno. Entenderase por maioría cualificada de votos, cando os votos favorables superen a metade mais un dos membros que conforman a Xunta de Goberno.

Artigo 32º – Funcionamento
O funcionamento interno da Xunta de Goberno, as convocatorias, a toma de decisións e todo o que non está regulado nos presentes Estatutos será regulado por un regulamento interno de funcionamento da Xunta de Goberno aprobada pola Asemblea Xeral.
Artigo 33º – Dereitos dos membros da Xunta de Goberno

Os membros da Xunta de Goberno terán os dereitos que se lle recoñezan polo regulamente interno de funcionamento da Xunta de Goberno e, en todo caso os seguintes:

a. Recibir con suficiente antelación a convocatoria de reunións ordinarias e extraordinarias da Xunta de Goberno.

b. Recibir información necesaria con suficiente antelación para as reunión da Xunta de Goberno.

c. A votar libremente nas reunións da Xunta de Goberno e da Asemblea Xeral.

d. A representar a Agrupación cando teña suficiente acreditación conforme a estes Estatutos e os regulamentos de desenrolo.

e. Presentarse antes a Asemblea Xeral para expor o motivo da súa discrepancia coa proposición ou resolución da Xunta de Goberno.

f. Presentar a dimisión cando así o considere oportuno.

g. Presentar recurso perante a Asemblea Xeral contra as resolucións que aprobe a Xunta de Goberno cando salvara o seu voto votando en contra do mesmo.

Artigo 34º – Obrigas dos membros da Xunta de Goberno

Os membros da Xunta de Goberno terán as seguintes obrigas, además das que conten o regulamente interno da Xunta de Goberno:

a. Ter a calidade de respresentante dunha Asociación Integrada.

b. Representar á Agrupación conforme os seus Estatutos, regulamentos internos, resolucións e con boa fe.

c. Acudir ás reunións da Xunta de Goberno.

d. Acudir ás reunións da Asemblea Xeral.

e. Dar resposta ás presuntas que realicen os reprensentantes das Asociacións Integradas na Asemblea Xeral.

f. Acatar as decisións e resolucións da Xunta de Goberno cando sexan adoptadas segundo o regulamento interno reguladora da mesma.

g. Acatar as decisións e resolución da Asemblea Xeral.

h. Todas aquelas que resulten dos presentes Estatutos e da lexislación vixente.

Artigo 35º – Prohibicións dos membros

1. Os membros da Xunta de Goberno non poderán actuar de forma persoal, nin asinar ningún tipo de documento, sen contar coa aprobación do órgano da Federación competente.

2. As actuacións persoais ou se un membro asinase documento sen contar coa aprobación do órgano competente non obrigará á Agrupación.

Artigo 36º – Recurso

1. Contra as resolucións e actos da Xunta de Goberno un representante dunha Asociación integrada ou un membro da Xunta de Goberno que votara en contra da resolución recurrida poderá interpor recurso perante a Asemblea Xeral.

2. A interposición do recurso paralizará a execución do mesmo.

3. Un regulamento interno da Asemblea Xeral regulará os requisitos e procedemento a seguir.

Sección Segunda: Da Elección da Xunta de Goberno.


Artigo 37º – Forma de elección da Xunta de Goberno

A Xunta de Goberno será elixida pola Asemblea Xeral reunida en sesión extraordinaria e segundo o procedemento establecido no Título IV destes Estatutos e no regulamento interno electoral aprobado pola Asemblea Xeral.

Sección Terceira: Do cese da Xunta de Goberno


Artigo 38º – Causas de cese

1. A Xunta de Goberno poderá cesar individualmente ou en conxunto.

2. Serán causas de cese individual:

a. Renuncia expresa manifestada por escrito.

b. Incapacidade xudicialmente recoñecida.

c. Perda da condición da representante na Asemblea Xeral.

d. Aprobación dunha moción de censura contra un membro da Xunta de Goberno.

e. Incumprimento dunha prohibición recoñecida pola Asemblea Xeral por maioría absoluta de votos, previo expediente de instrucción coa Xunta de Goberno na que se dará audiencia ao interesado.

3. Serán causas de cese de toda a Xunta de Goberno:

a. Trancurso do prazo de catro anos.

b. Por acordo de dimisión da mesma.

c. Aprobación dunha moción de censura.

d. Cando a Xunta de Goberno quede formada por un número inferior a 7 compoñentes.

Artigo 39º – Moción de censura

1. A moción de censura pode ser individual ou a toda a Xunta de Goberno.

2. A moción de censura individual deberá de ser solicitada por un mínimo do 25% dos representantes da Asemblea Xeral sinalando no escrito presentado o membro ou membros aos que se censura e o motivo ou motivos polos que se censura.

No suposto de que prospere unha moción de censura individual o seu posto será ocupado polo candidato suplente número 1 da súa candidatura de procedencia que figure na acta de escrutinio, no caso de non quedar máis candidatos o posto quedará libre.

3. A moción de censura de toda a Xunta de Goberno deberá de ser promovida por un mínimo de 25% dos representantes da Asemblea Xeral sinalándose no escrito, ademais do motivo ou motivos da censura, unha candidatura que substitúa a candidatura censurada.

4. A moción de censura unha vez presentada, a Xunta de Goberno deberá de convocar en 15 días naturais unha sesión extraordinaria da Asemblea Xeral que terá como punto do día a moción.

A sesión extraordinaria transcorrerá segundo o procedemento que se sinale no regulamento interno de funcionamento da Asemblea Xeral, e en todo caso se dará a palabra por un tempo igual ás partes interesadas.

5. Para que unha moción de censura prospere será necesario a obtención de maioría absoluta de votos se é de toda a Xunta de Goberno e maioría simple se é de un ou varios membros.

Artigo 40º – Xunta de goberno en funcións

1. A Xunta de Goberno quedará en funcións cando se convoquen eleccións e mentres se leve a cabo a moción de Censura.

2. A Xunta de Goberno en funcións só pode realizar actividades de xestión diaria da Agrupación; sen poder comprometer en ningunha abriga a esta; e xestionará o procedemento electoral, podendo soamente convocar á Asemblea Xeral para levar a cabo a elección da nova Xunta de Goberno ou por urxente necesidade debidamente xustificada.

Sección Cuarta: Dos cargos da Xunta de Goberno


Artigo 41º – Os membros da Xunta de Goberno

1. A Xunta de Goberno comporase de Presidente, Vicepresidente, Secretario Tesoureiro e Vocais.

2. Os cartos de Presidente, Vicepresidente, Secretario e Tesoureiro, serán elexidos pola Xunta de Goberno en votación segreda e por maioría cualificada de votos, cando os votos afirmativos superen o 50% dos membros que compoñen a Xunta de Goberno.

3. Os cargos de Presidente das comisións serán elexidos pola Xunta de Goberno por maioría simple de votos.

Artigo 42º – Presidente

A súas funcións serán:

a. Presidir as sesións da Asemblea Xeral e da Xunta de Goberno.

b. Convocar á Xunta de Goberno, e con autorización desta, á Asemblea Xeral.

c. Autorizar coa súa firma, xunto coa do Secretario, as actas da Asemblea Xeral e a Xunta de Goberno.

d. Autorizar coa súa firma, xunto coa do Secretario, as certificacións e documentos que o que o requiran.

e. Autorizar coa súa sinatura, e xunto co tesoureiro, a retirada de fondos e os recoñecementos de obrigas económicas da Federación.

f. Representar á Agrupación en actos públicos, asumindo as delegacións que lle confira a Xunta de Goberno ou a propia Asemblea Xeral.

Artigo 43º – Vicepresidente

As súas funcións serán:

a. Asistir ao Presidente nas súas funcións.

b. Sustituir ao Presidente en caso de ausencia, enfermidade ou dimisión.

c. Supervisa e coordinar as Comisións de traballo.

d. Calquera outra que lle encomende a Xunta de Goberno.

Artigo 44º – Vicepresidente

As súas funcións serán:

a. Redactar e autorizar coa súa sinatura xunto coa do Presidente as actas da Asemblea Xeral, así como expedir certificacións oportunas.

b. Redactar e autorizar coa súa sinatura xunto coa dos demáis membros da Xunta de Goberno que estén presentes as actas da Xunta de Goberno.

c. Custodiar os libros de actas, socios, e demáis documentación con excepción dos referentes á contabilidade.

d. Levar o rexistro das Asociacións integradas, anotando as altas e baixas que se produzan.

e. Redactar a memoria do exercicio para presentar á Xunta de Goberno, para que esta a somenta á aprobación da Asemblea Xeral.

f. Calquera outra que lle encomende a Xunta de Goberno.

Artigo 45º – Tesoureiro

As súas funcións son as seguintes:

a. Recadar e custodiar os fondos da Agrupación.

b. Autorizar, xunto coa dirma do Presidente, os documentos de pago, así como dos documentos de recoñecemento de débeda.

c. Custodiar os libros de contas e documentos bancarios.

d. Formalizar o estado das contas de exercicio e o orzamento de ingresos e gastos do seguinte, para presentar á Xunta de Goberno, para que esta os someta á aprobación da Asemblea Xeral.

e. Calquera outra que lle encomende a Xunta de Goberno.

Artigo 46º – Vogais

1. Os membros da Xunta de Goberno que non ostente ningún dos cargos anteriormente citados terán condición de vocal.

2. As funcións dos vocais son as seguintes:

a. Representar á Agrupación cando así o delegue a Xunta de Goberno ou a Asemblea Xeral.

b. Formar parte, ou no seu caso, presidir as Comisións de Traballo ou específicas das que formen parte.

c. Calquera outra que lle encomende a Xunta de Goberno.

Artigo 47º – Substitución de membros

1. O Presidente será substituído polo Vicepresidente cando aquel non se atope presente.

2. O Secretario será substituído en caso de non asistencia polo vocal que teña menos idade presente.

3. Cando se produza a dimisión dalgún membro da Xunta de Goberno, aplicarase o sinalado no parágrafe do segundo artido 36.2

Sección Quinta: Das Comisións de Traballo e Das Comisións Específicas


Artigo 48º – Concepto

Para o mellor funcionamento da Agrupación poderanse constituir Comisións de Traballo e Comisións Específicas

Artigo 49º – Comisións de traballo

1. As Comisións de Traballo son órganos da Agrupación que estudarán asuntos relacionados coas materias que teñan adxudicadas.

2. As Comisións de Traballo estarán formadas polos membros que escolla a Asemblea Xeral e estará presidica polo membro da Xunta de Goberno que esta designe.

3. As funcións das Comisións de Traballo serán:

a. Elaborar o programa de actuación da Comisión para presentar a Xunta de Goberno, para que esta someta a aprobación da Asemblea Xeral.

b. Executar o programa de actuación aprobado pola Asemblea Xeral.

4. Os membros das comisións terán que dar respostas ás preguntas que lles realice a Xunta de Goberno e a Asemblea Xeral.

5. Por regulamente interno aprobado pola Asemblea Xeral regularase a Comisións de Traballo determinándose, entre outras: cales son, a materia sobre a que versarán e o número de membros que a compoñen.

Artigo 50º – Comisións específicas

1. As Comisións Específicas crearanse para o estudo duns feitos ou asunto concreto que non se poida circunscribir a unha Comisión de Traballo; e así o aprobe a Asemblea Xeral previa proposta da Xunta de Goberno ou un 25% dos respresentantes das Asociacións Integradas.

2. Estarán compostas polos membros que así determine a Asemblea Xeral, e será presidida polo membro da Xunta de Goberno que así determine esta.

3. A súa formación será o estudio do asunto ou feito durante o prazo determinado pola Asemblea, rematado o cal presentará un informe sobre a súa actuación.

Artigo 14º – Órganos

CAPÍTULO I: ASAMBLEA XERAL

Artigo 15º – Definición

Artigo 16º – Competencias

Artigo 17º – Reunións da Asamblea Xeral

Artigo 18º – Sesión ordinaria

Artigo 19º – Sesión extraordinaria

Artigo 20º – Convocatoria de sesións

Artigo 21º – Cuorum

Artigo 22º – Procedemento de votacións

Artigo 23º – Toma de acordos

Artigo 24º – Recurso

Artigo 25º – Incompatibilidades

CAPÍTULO II: XUNTA DE GOBERNO

Sección Primeira: Dos aspectos xerais

Artigo 26º – Definición

Artigo 27º – Composición

Artigo 28º – Competencias

Artigo 29º – Sesións

Artigo 30º – Cuorum

Artigo 31º – Toma de acordos

Artigo 32º – Funcionamento

Artigo 33º – Dereitos dos membros da Xunta de Goberno

Artigo 34º – Obrigas dos membros da Xunta de Goberno

Artigo 35º – Prohibicións dos membros

Artigo 36º – Recurso

Sección Segunda: Da elección da Xunta de Goberno

Artigo 37º – Forma de elección da Xunta de Goberno

Sección Terceira: Do cese da Xunta de Goberno

Artigo 38º – Causas de cese

Artigo 39º – Moción de censura

Artigo 40º – Xunta de Goberno en funcións

Sección Cuarta: Dos cargos da Xunta de Goberno

Artigo 41º – Os membros da Xunta de Goberno

Artigo 42º – Presidente

Artigo 43º – Vicepresidente

Artigo 44º – Secretarios

Artigo 45º – Tesoureiro

Artigo 46º – Vocais

Artigo 47º – Substitución de membros

Sección Quinta: Das Comisións de Traballo e Das Comisións Específicas

Artigo 48º – Concepto

Artigo 49º – Comisións de traballo

Artigo 50º – Comisións específicas

 TÍTULO III: REGULAMENTOS INTERNOS

Artigo 51º – Concepto

Será regulamento interno aquelas normas aprobadas pola Asemblea Xeral por desenrolen determinados aspectos de este Estatuto, ben cande así o establezan ou ben por necesidade deducible dos mesmos.

Artigo 52º – Supostos de regulamente interno

Será necesario regular a través de regulamento interno:

a. Regulamento interno de funcionamento da Asemblea Xeral.

b. Regulamento interno de funcionamento de Xunta de Goberno.

c. Regulamento interno do proceso electoral.

d. Todas aquelas materias que a Asemblea consideren que deben de ser reguladas por regulamento interno e non poidan incluirse nos anteriores.

Artigo 53º – Inicio

Poderá realizar propostas de creación, modificación ou derogación de regulamento interno a Xunta de Goberno ou un 25% dos representantes das Asociacións Federadas.

En ambos casos a proposta realizarase aportando un proxecto do texto do regulamento interno.

Artigo 54º – Trámite

1. Convocarase a Asemblea Xeral en sesión extraordinaria e como único punto do día, dándose traslado na convocatoria a proposta de regulamento interno aos representantes das Asociacións Veciñais., para que preparen as alegacións oportunas que poderán ser propostas de modificación a un artigo ou propostas de enmendas á totalidade que serán presentadas á Xunta de Goberno. Para a presentación de estas existirá un prazo non inferior a 15 días

2. Reunida a Asemblea, conforme a estes Estatutos, exporase polo propoñente os motivos do regulamento interno explicándoo brevemente. Posteriormente pasarase a examinar, debater e votar, primeiramente as enmendas á totalidade, e se non resulta ningunha aprobada, estudaranse as propostas de modificación poderanse admitir ou non polos propoñentes.

Artigo 51º – Concepto

Artigo 52º – Supostos de regulamento interno

Artigo 53º – Inicio

Artigo 54º – Trámite

 

 TÍTULO IV: DO PROCESO ELECTORAL

Artigo 55º – Convocatoria

A Xunta de Goberno convocará a Asemblea Xeral en sesión extraordinaria para aprobar a data electoral e o censo electoral vixente, nos seguintes casos:

a. Corenta e cinco días antes do final do mandato da Xunta de Goberno.

b. Cando a Xunta de Goberno quede formada por menos de 7 membros.

c. Por acordo de dimisión da mesma.

Artigo 56º – Data electoral

A data electoral será aprobada pola Asemblea Xeral convocada a tal efecto e nc día das eleccións tendo en corita que non será superior a 45 días dende a cel Xeral; así como se determinará o lugar e data das votacións.

Unha vez aprobada remitirase a cada unha das Asociacións Federadas xunto co calendario electoral.

Artigo 57º – Censo electoral

1. O censo electoral será presentado á Asemblea Xeral polo secretario da Xunta de Goberno para a sua aprobación pola mesma, na sesión onde se aprobe a data electoral

2. O censo electoral estará composto polos representantes de cada unha das Asociacións de Veciños integradas que teñan pagadas as cotas procedentes, non estiveran incursas en causa de expulsión, e non teñan aberto un expediente de expulsión.

Artigo 58º – Calendario electoral

O calendario electoral será o que se determine aplicando as normas previstas no regulamento interno das eleccións e en dito calendario determinarase o prazo para a presentación de candidaturas, e o prazo ás reclamacións.

Artigo 59º – Candidaturas

Serán válidas as candidaturas presentadas en tempo perante a Comisión Electoral dentro do prazo indicado na convocatoria e que sexan compostas por 9 candidatos titulares e 2 suplentes, que teñen que ostentar en todo momento a condición de representantes de Asociación integrada.

En ningún caso un representante dunha Asociación Federada poderase presentar en máis de unha candidatura.

Artigo 60º – Comisión electoral

1. A sesión da Asemblea Xeral que estableza o día de votacións nomeará unha Comisión Electoral que velará porque o procedemento electoral sexa conforme aos estatutos, ao regulamento interno de eleccións e ao resto de normativa vixente aplicable.

2. A Comisión Electoral estará composta por 3 membros da Asemblea Xeral, os cales non poderán presentarse en ningunha das candidaturas.

3. As funcións serán as seguintes:

a. Admitir as candidaturas que sexan conformes a estes Estatutos e ao regulamento d eeleccións e rexeitando motivadamente as que non cumpran os requisitos.

b. Trasladar ás Asociacións Federadas as candidaturas electas.

c. Presidir e controlar a mesa de votación.

d. Realizar o escrutinio dos votos e levantar acta de escrutinio.

e. Proclamación da candidatura electa.

f. Toma de posesión dos membros da candidatura electa.

4. A Comisión Electoral terá un presidente, que será o de mais idade dos compoñentes, un secretario será o de menos idade e un vocal.

5. Para realizar os seus fins a Comisión Electoral será totalmente libre de calquera inxerencia e poderá usar as instalacións da Agrupación e poderase reunir cantas veces o estimen necesario, debéndose de levantar acta de cada reunión que se realice firmada polos tres membros.

6. Contra as decisións da Comisión Electoral caberá recurso ante a propia Asemblea Xeral que se é polo parágrafe a) do punto 3 deste artigo será convocada a tal efeto antes do día da votación.

7. A acta de escrutinio conterá:

a. As candidaturas presentadas co número de votos conseguidos e o nome dos candidatos da asociación que representan.

b. A procalamación dos candidatos electos que formarán parte da nova Xunta de Goberno e os candidtos suplentes.

Artigo 61º – Forma de votación

1.- A votación será sagrada e nunha urna na que os representantes das Asociacións integradas, depositarán a papeleta da candidatura a que desexen dar o seu voto. As papeletas deberán estar a disposición previa dos representantes das Asociacións Federadas e contarán os nomas de tódolos candidatos, así coma a asociación que representan. A Candidatura que obteña mais votos, será proclamada pola Comisión Electoral como Xunta de Goberno.

2.-Se rematado o prazo de presentación de candidaturas, só existira unha candidatura presentada, a Comisión Electoral o día das votacións indicará esta circunstancia na acta de escrutinio.

Artigo 62º – Posesións

1. Os candidatos electos á Xunta de Goberno tomarán posesión como membros da mesma, no prazo máximo dun mes contado dende a súa proclamación, perante a Comisión Electoral.

2. Os candidatos electos que non tomen posesión neste prazo, entenderase que rexeitan o seu nomeamento, polo que se notificará o suplente número 1 da súa candidatura para que tome posesión nun prazo máximo de 15 días.

Artigo 63º – Regulamento interno

A Asemblea Xeral aprobará un regulamento interno de eleccións na que se detallará o proceso electoral e o desenrolo das votacións, e en concreto os prazos para as presentacións das candidaturas, os prazos de recurso e a forma de votación, que en todo caso será secreta.
Artigo 55º – Convocatoria

Artigo 56º – Data electoral

Artigo 57º – Censo electoral

Artigo 58º – Calendario electoral

Artigo 59º – Candidaturas

Artigo 60º – Comisión electoral

Artigo 61º – Forma de votación

Artigo 62º – Posesións

Artigo 63º – Regulamento intern

 TÍTULO V: DO RÉXIME ECONÓMICO

Artigo 64º -Patrimonio

A agrupación carece de patrimonio ao constituirse e non terá máis recursos económicos que os que procedan do exercicio das súas actividades, das contribucións dos socios e das subvencións ou doazóns que dacordo coa lei se reciban, non excedendo o límite orzamentario anual de 60.000 euros.

Artigo 65º -Recursos económicos

Os recursos económicos previstos para as actividades serán os seguintes:

a) As cotas que a Asemblea Xeral acorde teñan que aportar as asociacións integradas.

b) Os intereses que produzan os fondos da Agrupación, así como os beneficios do seu patrimonio.

c) As subvencións, doazóns e recursos que acorden outorgar a administración, entidades públicas ou privadas ou os particulares, sempre que a Xunta de Goberno decida aceptalos e se obteñan de forma legal.

d) Calquera outro ingreso que se obteña a través das actividades realizadas pola Agrupación ou derivados dos servizos que a mesma poida prestar.

Artigo 64º – Patrimonio

Artigo 65º – Recursos económicos

 

 TÍTULO VI: DA DISOLUCIÓN E LIQUIDACIÓN
<


Artigo 66º -Disolución

A Agrupación disolverase por vontade das asociacións integradas, expresadas en Asemblea Xeral convocada a tal efecto, así como polas causas determinadas no artigo 39 do Código Civil ou por sentencia xudicial firme.

O acordo de disolución adoptarase por maioría absoluta dos representantes das Asociacións integradas.

Artigo 67º -Liquidación

A disolución da Agrupación abre un período de liquidación ata o fin do cal a entidade conservará a súa personalidade xurídica.

A Asemblea Xeral que acorde a disolución, designará unha comisión integrada por cinco membros coa misión de levar a cabo no prazo mais breve posible a liquidación. De existir activo será liquidado da forma que estableza a Asemblea Xeral, tendo en conta que en ningún caso poderá ser distribuído entre as asociacións integradas, terá que ir destinado a asociacións benéficas sen animo de lucro.

Artigo 66º – Disolución

Artigo 67º – Liquidación

 TÍTULO VII: MODIFICACIÓN DOS ESTATUTOS

Artigo 68º – Proposta de modificaciónRegulamento interno

Poderá realizar a proposta de modificación de estatutos:

a. A Xunta de Goberno.

b. Un 25% dos representantes das Asociacións Federadas mediante escrito asinado polos mesmos.

Artigo 69º – Procedemento

1. Convocarase unha sesión extraordinaria da Asemblea Xeral a cal decidirá por maioría simple a procedencia ou non da modificación estatutaria.

2. Se o voto é de rexeitamento á proposta acabarase o procedemento. Se o voto é afirmativo a Asemblea Xeral, nesa mesma sesión extraordinaria procederá á creación dunha Comisión Estatutaria.

3. A Comisión Estatutaria estará composta por 8 membros elixidos pola Asemblea Xeral entre os representantes das Asociacións integradas.

4. A Comisión Estatutaria será presidida polo membro con mási idade, sendo o seu secretario o membro con menos idade.

5. A Comisión Estatutaria estudará a proposta de reforma podendo realizar todos os cambios que estime oportunos por maioría cualificada de votos, partindo das propostas que aporten tanto os propios membros da Comisión Estatutaria, como os representantes das Asociacións integradas.

Para facilitar o estudo da proposta de reforma poderá nomearse pola Comisión Estatutaria unha ponencia composta por unha persoa que debe ser un membro da propia Comisión Estatutaria, un representante dunha Asociación integrada ou inclusive unha persoa experta allea á Agrupación e que no prazo de 15 días naturais desde o seu nomeamento emitirá informe sobre o solicitado pola Comisión Estatutaria.

6. A Comisión Estatutaria, no prazo máximo de 45 días naturais, emitirá proposta definitiva por maioría cualificada de votos, a cal se presentará á Xunta de Goberno para que a eleve á Asemblea Xeral. Se en dito prazo non se conseguira acordo elevarase a proposta orixinal.

7. No prazo de 15 días naturais, contados dende a presentación da proposta de Estatutaria, a Xunta de Goberno procederá a reunir en sesión extraordinaria á As procederá a debater e votar a proposta, a cal será aprobada cando obteña o voto f cualificada de votos dos representantes das Asociacións integradas. Se non se con; entenderase que se desestima a proposta finalizando así o procedemento.

Artigo 70º – Cese da Xunta de Goberno

Se se aprobara a proposta de modificación estatutaria, procederase a realizar eleccións á Xunta de Goberno segundo o procedemento indicado nestes Estatutos no Título IV e no regulamento interno de eleccións.
Artigo 68º – Proposta de modificación

Artigo 69º – Procedemento

Artigo 70º – Cese da Xunta de Goberno

DISPOSICIÓNS ADICIONAIS
Disposición adicional primeira:

No prazo de seis meses contados dende a toma de posesión da nova Xunta de Goberno, esta presentará ante a Asemblea Xeral un proxecto de regulamento interno de funcionamento da Asemblea Xeral, un regulamento interno de funcionamento da Xunta de Goberno e un regulamento interno de eleccións.

Disposición adicional segunda:

Será a Xunta de Goberno a que eleve os presentes Estatutos, unha vez aprobados aos rexistros oficiais oportunos para que estes teñan a publicidade e os efectos oportunos.

Disposición adicional terceira:

Un regulamento interno aprobado pola Asemblea Xeral regulará a entrega de medallas honoríficas e demais recoñecementos de méritos que a Agrupación otorga anualmente a persoas e colectivos que teñan grande relevancia no movemento veciñal.

 

DISPOSICIÓNS FINAIS
Única:

Este estatuto entrará en vigor na súa totalidade desde a aprobación do mesmo pola Asamblea Xeral.

Asunto: Resolución de inscrición de modificación de estatutos da federación AGRUPACIÓN DE ASOCIACIÓNS DE VECIÑOS DO RURAL E PERIFERIA DO CONCELLO DE OURENSE MIÑO

Examinado o expediente de solicitude de inscrición da modificación dos estatutos da federación AGRUPACIÓN DE ASOCIACIÓNS DE VECIÑOS DO RURAL E PERIFERIA DO CONCELLO DE OURENSE MIÑO, inscrita co núm. 20101000209­ 2 neste Rexistro Provincial de Asociacións, e tendo en conta os seguintes

FEITOS:

Primeiro. Con data 22/03/2011 recibiuse a solicitude presentada por JOSÉ MANUEL GARCÍA CASARES, 101:10r(15 da federación, para a inscrición da modificación dos estatutos, aprobados por acordo da Asemblea Xeral en data 28/02/2011, segundo consta na certificación que acompañan á solicitude.

Segundo. Os estatutos presentados, que substituen aos anteriormente inscritos, conteñen os requisitos esixidos na normativa vixente.

Consta como novo domicilio da asociación o seguinte: Rúa Doctor Marañón, 6 baixo. 32005 -Ourense

CONSIDERACIÓNS LEGAIS
Primeiro. Esta Xefatura Territorial é competente para resolver a inscrición solicitada, en virtude do previsto no Decreto 336/1996, do 13 de setembro sobre asunción de funcións e servizos, gola Comunidade Autónóma de Galicia, en materia de asociacións, Decreto 276/1997: do 25 de setembro, polo que se crea o Rexistro central de Asociacións e se regula a organización e funcionamento dos rexistros de asociacións da Comunidade Autónoma de Galicia, e Decreto 303/2009, de 21 de maio, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

Segundo. A Lei orgánica 1/2002, do 22 de marzo, reguladora do dereito de asociación, establece no artigo 28 que deben inscribirse correspondente rexistro as modificacións dos estatutos, e o Real decreto 1497 / 2003, do 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento do rexistro nacional de asociacións e das súas relacións cos restantes rexistros de asociacións, regula no artigo 10 a documentación que debe presentarse para a inscrición da modificación dos estatutos.

Terceiro. Analizada a documentación que consta no expediente, considérase que compre os requisitos establecidos na normativa vixente para a súa inscrición no Rexistro de asociacións desta Comunidade Autónoma

Vistos os preceptos legais citados e demais normas de xeral aplicación, RESOLVO:

Visar os estatutos modificados e ordenar a súa inscrición no Rexistro de Asociacións, para os efectos de publicidade previstos no artigo 22 da Constitución.

Contra a presente resolución, que non esgota a vía administrativa, poderá interponer recurso de alzada ante o Conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, no prazo de un mes, de acordo co disposto na Lei 30/1992, do 26 de novembro de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e Procedemento Administrativo Común.