REDE VECIÑAL DE MULLERES.

O proxecto de intervención sociocomunitaria REDE VECIÑAL DE MULLERES que impulsamos dende o ano 2019 na AGRUPACIÓN MIÑO pon a disposición das mulleres en situación de vulnerabilidade os seguintes servizos gratuitos:

SERVIZO DE ORIENTACIÓN, INFORMACIÓN, ATENCIÓN SOCIAL (TRABALLADORA SOCIAL)

Atención individualizada informando, orientando e asesorando sobre recursos sociais (tramitación de prestacións económicas, axudas a dependencia…) recursos sanitarios (tarxeta sanitaria, cita previa consultas médicas) e calquera trámite coa Administración que requira de acompañamento.

SERVIZO DE ATENCIÓN PSICOLÓXICA (PSICÓLOGA)

Atención psicolóxica individual e grupal para favorecer a adquisición de recursos que melloren o benestar emocional previndo a soidade, o illamento social e situacións de violencia reforzando competencias persoais e sociais para a vida autónoma.

SERVIZO DE ORIENTACIÓN LABORAL (TRABALLADORA SOCIAL)

Acompañamento con perspectiva de xénero con medidas de orientación laboral e de acompañamento na busca de emprego realizando intinerarios de inserción laboral coas mulleres participantes. O servizo abarca contidos como: dereitos e deberes dos traballadores, técnicas de busqueda de emprego, preparación de entrevistas laborais, acompañamento en procesos de empredemento…

SERVIZO DE MEDIACIÓN FAMILIAR  ( TECNICA EN MEDIACIÓN)

Intervención na xestión de conflitos derivados da situación familiar das mulleres usuarias. A Traballadora social e Técnica en Mediación, imparcial, neutral e sen ningún poder de decisión facilitará a comunicación entre as partes en conflito cando se presente unha situación familiar na que a comunicación estea rota e non se poda chegar a un acordó.

SERVIZO DE ASESORAMENTO XURÍDICO  ( AVOGADO)

Incorporamos o programa un servizo de asesoramento xurídico especializado para as mulleres en situación de vulnerabilidade que así o precisen.

COORDINACIÓN COAS ASOCIACIÓNS VECIÑAIS INTEGRADAS.

Tecemos unha rede de colaboración cos centros sociais das Asociacións Veciñais integradas na AGRUPACIÓN MIÑO para a sensibilización  e difusión dos servizos e recursos dispoñibles no programa que poidan ser de interese para as veciñas da súa contorna.

MÁIS INFORMACIÓN SOBRE OS SERVIZOS:

AGRUPACIÓN MIÑO. Asociacións Veciñais do rural e a periferia.

Rúa Dr.Marañón nº6 (baixo) agrupaciónminho@gmail.com 988232963 /610154310

PROXECTO DE INTERVENCIÓN SOCIOCOMUNITARIA FINANCIADO POR: