Servizos

Dende o nacemento da Agrupación Miño foi unha prioridade a defensa dos intereses das veciñas e veciños da periferia e o perímetro rural do Concello de Ourense. Unha labor que fixo posible conseguir melloras en servizos e infraestruras en zonas, que sen a labor das AAVV as Administracións terían olvidadas.Actualmente son máis máis de vinte Asociacións integradas, conscientes do papel importante que podemos xogar debido a nosa proximidade a realidade, coñecedores das necesidades cotía de cada zona.

Coa finalidade de apoiar e dinamizar a labor das Asociacións Veciñais do rural e a periferia do Concello de Ourense dende a Agrupación Miño apostamos por ofrecer os seguintes Servizos:

PROGRAMA DE APOIO ÁS ASOCIACIÓNS VECIÑAIS

INFORMACIÓN,ATENCIÓN E DINAMIZACIÓN VECIÑAL   Impulsamos un servizo de dinamización comunitaria para acompañar as asociacións veciñais  integradas na coordinación das súas actividades a busqueda de financiamento para os seus proxectos e o fomento da participación veciñal. Un servizo mediante o cal coordinamos as iniciativas veciñais cun acompañamento integral no deseño, execución e avaliación dos seus programas de actividades e priorizando a cooperación entre entidades.

ASESORAMENTO XURÍDICO Ofrecemos apoio legal para aqueles temas de interese xeral que afecten as zonas das Asociacións Veciñais integradas.

INCIDENCIAS INFORMÁTICAS Facilitamos atención técnica informática ante as necesidades das AAVV fronte as dificultades no acceso as novas tecnoloxías e a tramitación electrónica.

PRÉSTAMOS EQUIPAMENTO. Poñemos a disposición das asociacións veciñais federadas equipamento do que non dispoñen se o precisan para as súas actividades: pantalla e proxectos, carpa…

ESPAZO VECIÑAL. ASAMBLEAS ABERTAS. Apostamos pola dinamización da sede da Agrupación como un espazo de debate, encontro, análise e participación. Por ese motivo organizamos durante o ano diversas asambleas abertas en colaboración con outras entidades.

Os servizos descritos anteriormente contan co financiamento de: